O Holanola Lab-Fesitval xorde coma un acontecemento impredicible. A súa premisa principal é que o espectador e os músicos teñan un lugar de encontro atravesado por diferentes achegas culturais, para xerar un intercambio de saberes ao redor da música. A referencia atmosférica do encontro é Nova Orleans, cidade que deu orixe ó jazz, pero o festival non ten límites de estilo, o principal é construír unha comunidade máis aló do escenario. Holanola é un festival aberto musicalmente a moitos estilos, ecléctico, entendendo o encontro como unha mestura de diferentes influencias afastadas do elitismo e cun carácter marcadamente popular. Nese sentido, o programa integra diferentes achegas, desde sons máis locais ata outros universais coma o rock’n’roll. Ademais dos concertos o festival incorpora unha serie de conversas culturais ao redor da música, os seus contextos e derivas. Queremos construír un diálogo horizontal entre músicos de diferentes xéneros e o público, para crear unha comunidade apaixonada polo intercambio cultural. Dámosvos a benvida ó Holanola Lab-Festival.
SANTIAGO
17 - 21 DE SETEMBRO
OURENSE
25 & 26 DE SETEMBRO
MADRID
27 & 28 DE SETEMBRO
MERCA AQUÍ OS TEUS BILLETES
sabinemcalla
Leonie Evans
maxbienkahn
caseyjane
duffhompson
howepearson
samdoores
ginaleslie
noelmckay
kikicavazos
steph_green
pajarosunrise
thesilverliningserenaders
juliánmaeso_sexteto
Max Bien Kahn
Sabine McCalla
Casey Jane
Sam Doores
Gina Leslie
Pájaroo Sunrise
Kiki Cavazos
leonie evans
Julián Maeso
Sexteto
Duff Thompson
Howe Pearson
Noel McKay
Steph Green
The Silver Lining
Serenades